A Tempo Escola de Música
A Tempo Escola de Música

                         Aula de Música para Nenos

 

 

A materia de Música e Movemento constitúe, en realidade, un programa de sensibilización musical onde se desenvolverán certas capacidades fundamentais para o desenvolvemento integral do nen@ que ademais lle prepararán para un ensino musical específico máis adiante.

 

Esta materia vai dirixida a nen@s entre os tres e os sete anos. Non debemos entender esta clase como un mero preparatorio á linguaxe musical, a súa visión é moito máis ampla, xa que se pretenden desenvolver todas as capacidades expresivas, musicais, intelectuais e motoras que posteriormente permitirán a nen@ elixir un instrumento, dedicarse á danza, ou ben, ambas as dúas cousas. O nen@ debe impregnarse da materia prima da Música, o son; descubrilo, exploralo, manipulalo, coñecelo e mesmo o crear. Sentir a música no seu corpo, expresarse a través dela e facer que sexa unha parte integrante de si mesmo. Sentir, expresar e crear serán as palabras clave nesta materia e para iso todos os recursos son válidos. O método será o máis lúdico posible porque o xogo a estas idades é unha parte integrante de si mesmos que transcende a todos os niveis da súa vida. Ademais, segundo marca a lexislación vixente, este ámbito formativo, común para as Escolas de Música, está dirixido exclusivamente aos alumn@s de idades comprendidas entre os tres e sete anos, co fin de atender, cun tratamento pedagóxico específico, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas musicais e motoras que permitan posteriormente a elección dun instrumento e unha práctica gozosa e convincente da actividade artística.

 

O ensino integrado de música e movemento realizarase en grupo e deberá organizarse en dous niveis de dous cursos de duración cada un: 1. Contacto ou Nivel I dirixida ao alumnado de menor idade. 2. Formación básica ou Nivel II dirixida ao alumnado que xa desenvolveu o nivel I. Os grupos non deberán superar os 10 alumnos no nivel de iniciación e os 15 no de formación básica.

 

 

 

 

Obxectivos Xerais


 Este ensino, para o desenvolvemento das capacidades artísticas do alumnado ten como obxectivos:

a) Proporcionar unha experiencia musical globalizada que permita, mediante o descubrimento das aptitudes musicais, acceder á expresión musical a través do canto ou o instrumento.

b) Compartir vivencias musicais e enriquecer a súa relación afectiva coa música a través do canto, do movemento, da audición e de instrumentos.

c) Desenvolver a coordinación motora necesaria para a correcta interpretación de ritmos, percusións corporais e coreografías sinxelas utilizando as destrezas de asociación e disociación correspondentes.

 d) Utilizar a voz, os instrumentos da aula e o propio corpo como instrumento a través do movemento e a danza, para representar e comunicar ideas, sentimentos e vivencias de forma individual e colectiva. e) Realizar experiencias sonoras dos elementos de básicos, partindo da práctica auditiva vocal e instrumental e relacionalas con códigos de representación non convencional.

 

 Contidos Xerais


Os contidos básicos organizaranse, polo menos, en torno a tres eixes:

1. A voz como medio de expresión da linguaxe e canto: a voz como instrumento; cancións infantís; recitado e memorización rítmica de versos e trabalinguas; e dramatización de contos e historias.

 2. As características do son e as fontes sonoras: silencio, ruído e sonoridade de materiais diversos, obxectos e instrumentos; percepción e discriminación auditiva; audicións e pensamento musical.

3.-O movemento como medio de expresión: control corporal, coordinación motora, orientación espazo temporal, ritmo, expresión e composición en grupo.

Fundamentación da Materia

 

Este ámbito formativo está dirixido exclusivamente aos alumnos de idades comprendidas entre os tres e os sete anos, co fin de atender, cun tratamento pedagóxico específico, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas musicais e motoras que permitan posteriormente a elección dun instrumento ou da danza e unha práctica gozosa e convincente de ambas as dúas actividades artísticas. Se nos centramos no desenvolvemento cognitivo, segundo Piaget, os nenos e nenas destas idades encóntranse no estadio preoperacional, o cal se caracteriza pola afianciación da función simbólica, que a intelixencia non sexa só práctica senón tamén representativa, utilizando esquemas de acción internos e simbólicos.

 

 METODOLOXÍAS A EMPREGAR

 

A metodoloxía que se empregará para lograr os obxectivos desta programación será aberta e sobre todo participativa, buscando unha formación musical e unha formación integral, desenvolvendo as facultades psicolóxicas, sociolóxicas, sicomotoras e intelectuais. Polo tanto, non é un ensino dirixido aos alumnos dotados musicalmente, tamén está dirixida a toda aquela persoa que queira aprender por aprender. Con estes factores, a metodoloxía a desenvolver será unha metodoloxía para todos, baseada no proceso de creación e participación e ao mesmo tempo, naqueles casos onde o alumno demostre interese e capacidade, aplicar unha metodoloxía progresiva e activa.


Progresiva. Evoluciona co nen@ e parte do máis próximo á súa realidade. A educación musical debe acompañar ao nen@ ao longo de todo o seu proceso evolutivo, dende a Educación Infantil ata o Educación Secundaria, adaptándose cada vez aos seus intereses e capacidades.

 

Activa. Supón unha metodoloxía baseada na experimentación e participación, xa que se debe dar prioridade aos procedementos e actitudes respecto aos conceptos. É dicir, ensinar música debe ser transmitir a linguaxe musical en forma viva, aprender música facendo música. A participación supón que o alumno é o verdadeiro protagonista e o profesor é o director que guía o proceso de aprendizaxe.

 

 Lúdica. Trátase de xogar coa música con exercicios con aparencia de xogo que, por outro lado, responden a uns obxectivos e unha programación rigorosamente elaboradas. Nos xogos e actividades musicais evitarase na medida do posible a competitividade e o individualismo, fomentándose a aprendizaxe cooperativa e a repartición de funcións.

 

Global. Relaciónase con outras áreas artísticas e co desenvolvemento xeral (motricidade, sensorialidad e afectividade). Que impregne a vida do neno. A educación musical escolar pretende que a música que se traballa na clase non quede aí, senón que se manifeste na súa vida escolar, familiar, no pobo ou barrio que o prepare para un ocio creativo. É moi importante a colaboración entre a escola e os pais, ademais do resto do profesorado e comunidade educativa, xa que sen eles o noso traballo sería en van.


Variada. Incluiremos diversos aspectos (canto, instrumentos, movemento e danza, xogo dramático, audición, iniciación á linguaxe musical...).


Recursos para a Programación


Ademais de todo o mencionado no presente documento haberá que ter en conta unha serie de actividades e recursos incluídos no plan de traballo que o profesor ten para levar a cabo os principios metodolóxicos que vaia poñer en práctica. Ese Plan de Traballo de cada sesión xirará en torno ao obxectivo principal de que os nenos logren interiorizar a Música e a vaian asimilando como unha linguaxe natural e unha forma de expresión. Para iso, é moi importante que en clase se escoite moita Música, ben sexa en directo ou con todo tipo de material de Cd ´ s e DVD ´ s.

 

* AUDICIÓNS: As audicións musicais propóñense como punto de partida para desenvolver os puntos de ensino de cada sesión. Poderase engadir material complementario para esta actividade como fichas ou láminas.

 

* CANCIÓNS: Canto, baile, acompañamento, psicomotricidade.

 

* INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN: ritmos, coordinación, acompañamento de cancións

 

* CONTOS MUSICAIS: Favorecen a integración do neno nun sistema onde a música reforza a capacidade expresiva, a concentración, as posibilidades creativas e a imaxinación, así como o entendemento global de varias materias xuntas.


* PRESENTACIÓN DOS INSTRUMENTOS ORQUESTRAIS (forma e son) por familias e individualmente.

 

AVALIACIÓN


A finalidade da avaliación continua ten un carácter formativo pois incorpora medidas de mellora en calquera momento do proceso. A avaliación final, terá carácter de síntese valorativa do proceso avaliador e integrará a información recollida ao longo deste. Neste nivel de formación, o alumno non é avaliado mediante un boletín de cualificación, xa que o fin desta formación é que ao chegar á etapa instrumental, a partir dos 8 anos, o alumno goce con todo tipo de música, aprenda correctamente a linguaxe musical, coordine a melodía co ritmo e coñeza as características de cada un dos instrumentos musicais así como as súas distintas formacións e agrupacións..

 

  A Tempo Escola de Música

Praza A Castaña, nº 2- baixo

             Pontevedra

    986844104-659474352

   atempo.org@gmail.com

Contratación 65944352 http://www.rsjo.es/
Naima Acuña
Nenos No Jazz
Alberto Conde
Tom Risco-Jacobo de Miguel
Escola de Música Municipal de A Coruña
St James Street Band