Programas formativos
Formación vocacional impartida por expertos
Centro subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Deputación de Pontevedra
Curso 2022-23 con Beatriz Glez Andino, Miriam Buceta, Yanet Carrazana, Rafa Morales, Rubén Iglesias, Baikal Guncen, Manuel Díaz, Adrian Vázquez, Miguel Rodríguez
Formación vocacional impartida por expertos
Formación vocacional impartida por expertos
VIVE MÚSICA Dende o noso Espazo queremos invitarvos a todos a vivir a música do mesmo xeito que nós a vivimos. A nosa proposta de valor na cidade de Pontevedra é ofrecer un Espazo onde se respire o arte emerxente e colaborativo. Formación, experiencias, ensaios, concertos, asesoramento musical e moito máis é o que podedes atopar en Atempo Escola de Música. Vive a Música!!! 2022!! Estaremos encantados de amosarte o que facemos!
Felicitación de Nadal Concello de Pontevedra
2021-Escola de Música A Tempo
ALUGUER DE ESTUDOS PARA MÚSICOS
Por meses. Desde 90 €/mes-40 horas
Podes alugar en solitario ou compartido con outros músicos
Estudos para 1, 2, 3, 4 e 5 músicos
Profesionais-profesores-grupos
Equipamento: batería, amplificación, teclado. piano, microfonía...
Chámanos para consultar horarios, ofertas, e informarnos do que precisas
653366208
Promover os estudios de jazz e música moderna , e tamén os estudios de música en xeral, en especial a formación musical infantil, a través de unha estructura organizada e sustentada en programas de estudios avalados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Procurar a combinación de ensino teórico e práctico, a través da práctica en diferentes grupos: combos, música de cámara, orquestra, coro, etc... en colaboración con profesores e profesionais de prestixio.
Proporcionar axuda a todolos que pretendan estudiar música dende os niveis iniciais ata os estudios profesionais. Os nosos programas de estudios adaptanse as necesidades do alumno, dende a preparación de provas de aceso a escolas superiores de música moderna de España e Portugal, a conservatorios e tamén formación musical a afecioados de todalas idades.
Oganizar seminarios, aulas maxistrais e sesións musicais a cargo dos profesores, alumnos e grupos da escola, procurando espazos de relación con outros alumnos e profesores, posta en práctica do estudiado a través das sesións de música.
Inscrita no rexisto de escolas de música da Consellería de Educación da Xunta de Galicia nº 36024033
EDUCACIÓN INFANTIL
Dende os tres anos, os nenos poderán aceder á cultura musical, tomando
contacto cos diferentes instrumentos, con músicos e profesores para estimula-la sensibilidade musical.
ADULTOS
Se estás pensando en recupera-la túa afeción musical ou tomas a
decisión de toca-lo teu instrumento favorito, agora que tes máis tempo para ti; a idade non ten porque ser un impedimento.
PROBAS DE ACESO E EXAMES
Os estudantes de conservatorio dispoñen en A TEMPO de profesores
preparados para axudar naqueles reforzos que o alumno precise para mellorar-la súa formación e acadalo coñecemento e destreza precisa. Os alumnos de percusión, poden prácticar nunha marimba de 4
octavas e 1/3. Podemos axurdarvos a prepara-las vosas probas de aceso a conservatorio ou probas de nivel, etc.
Se á formación clásica , queredes engadi-la música moderna: jazz, rock, blues, folk; tamén podedes contar co
noso asesoramento.
GRUPOS E ORQUESTRAS
Para os grupos de rock, jazz, folk, etc, pomos á vosa disposición
un músico profesional que vos asesorará musicalmente.
ASESORAMENTO
Calquera idea musical que teñas, consultaa connosco, trataremos de
axudarte en todo canto precises. Podes elexir de entre un bo grupo de profesionais para o estilo que practiques: Clásico, rock, jazz, blues, folk…
Podes visita-las nosas instalacións, coñecer onde e como traballamos e consultar persoalmente os aspectos
que máis interese teñan para ti.
A Tempo Escola de Música Praza A Castaña nº 2-baixo Pontevedra 652403940 - 653366208 - 986844104 atempo.org@gmail.com