Felicitación de Nadal do Concello de Pontevedra 2021
A Tempo Escola de Música
CURSOS DE VERÁN 2021
A Tempo Escola de Música
Pontevedra
Este verán clases de música en A Tempo con todas as garantías sanitarias: clases individuais, aulas desinfectadas con cada alumno, rotación de clases, ventilación, máscara.
Prazas limitadas. Sen matrícula.
Reserva canto antes horario, materia e profesor. Este é o mellor momento para empezar, retomar ou continuar a tua formación musical.
Manuel Díaz, novo profesor de guitarra curso 2020-2021
Concerto
Ribeira Sacra
Jazz Orquestra
Lugo. Campo Castelo.
2 de Agosto 21.30h
Ágora Cultural
Deputación Provincial de Lugo
«Entre todos temos que potenciar a marca Ribeira Sacra e o jazz pode ser un perfecto vehículo para conseguilo»
Froito da colaboración dos músicos Iñaki Askunze (Pamplona) e
Miguel Rdriguez (Monforte de Lemos) aparece no ano 2011 RIBEIRA SACRA JAZZ ORQUESTRA. Coa participación da Deputación Provincial de Lugo créase esta orquestra que
nace coa intención de promocionar os elementos singulares da Ribeira Sacra( paisaxísticos, etnográficos, históricos) utilizando como vehículo a música jazz, camiñando en paralelo tradición e
modernidade.
Iñaki Askunze e Miguel Rodríguez son dous músicos ligados á pedagogía músical e creación de orquestas de jazz. Iñaki é profesor no
Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e do Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate, director da Pirineos Jazz Orquestra. Miguel é profesor de música en Instituto de Ensino
Secundario, director da orquesta de jazz Big Band Tejina de Santa Cruz de Tenerife (coa que participou en numerosos concertos organizados polos concellos de La Laguna, Puerto de La Cruz, Santa Cruz
de Tenerife, etc… así como participa no 1º Festival de Jazz de La Laguna 1990), e da orquesta de novos talentos Nenos No Jazz de Pontevedra coa que ten grabado 3 CD nos anos 2004, 2010 e 2015 e
participado en numerosos concertos programados polos concellos de Pontevedra, Monforte de Lemos, Villalva-Madrid, Festival Internacional de Jazz Imaxinasons de Vigo, Universidade de Vigo,
etc… Iñaki Askunze encárgase da composición e Miguel Rodríguez da dirección
A iniciativa quere ir da man do sector vitícola, do denomiando
enoturismo. Para iso, temos contactado cos responsables dos concellos da Ribeira Sacra e con bodegas da denominación de orixe.
Miguel Rodríguez, un dos seus principais impulsores, dispón do compromiso do músico Iñaki Askunce, de orixe galega e asentado no País Vasco, para realizar os arreglos e compoñer tema específico para
a formación, o traballo de Askunce é o remate definitivo. Formado no Berklee College of Music de Boston, profesor no ámbito privado e público e director da Pirineos Jazz Orquesta, o artista soubo
captar a esencia da Ribeira Sacra e facela soar. Os seus temas veñen do jazz pero ten aires de swing, funky, samba ou rock e respectan as particularidades de cada instrumento que intervén na súa
presentación.
Ribeira Sacra Jazz Orquestra quere ser:
A banda sonora da comarca Ribeira Sacra e a orquesta do “Gran Teatro Os canóns do Miño e Sil”
Concerto
28 de Marzo 2016 19:00h Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra
Audición da Escola de Música A Tempo
A orquestra do Instituto de Ensino
Secundario A Xunqueira 1 de Pontevedra xa ten unha traxectoria de máis de quince anos e foi creado polo departamento de Música do centro baixo a dirección de Miguel
Rodríguez. O repertorio inclúe madrigais, espirituais, wordmusic, pop, rock, jazz.
Ao longo dos últimos qunce anos participaron en concertos en centros de ensino secundario de Galicia, Teatro Principal de Pontevedra , Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, Casa
da Cultura de Monforte de Lemos, Festas de San Roque de Pontevedra, Auditorio Municipal de Villalva (Madrid), Festival Internacional de Jazz “ Imaxina Sons “ de
Vigo....
Depois do éxito do segundo CD editado baixo o título de NENOS NOJAZZ, no que se recollen 19 arranxos de varios compositores en diversos estilos como jazz, rock, pop, clásico, tradicional, grabado en directo no Pazo da Cultura de Pontevedra o 14 de Abril de 2010, presentaran, en breve o terceiro traballo discográfico titulado SON XUNQUEIRA, gravado baixo a supervisión técnica da RTVG. O CD conten arranxos e composicións orixinais do compositor e saxofonista vasco-galego, IÑAKI ASKUNZE, natural de Campolameiro, e profesor do Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona.
30 de Marzo 2016 20:30h Casa das Campás de Pontevedra
Promove: Universidade de Vigo. Vicerreitoria do Campus de Pontevedra
Organiza: A Tempo
A orquestra do Instituto de Ensino Secundario A Xunqueira 1 de Pontevedra xa ten unha traxectoria de máis de quince anos e foi creado polo departamento de Música
do centro baixo a dirección de Miguel Rodríguez. O repertorio inclúe madrigais, espirituais, wordmusic, pop, rock, jazz.
Ao longo dos últimos qunce anos participaron en concertos en centros de ensino secundario de Galicia, Teatro Principal de Pontevedra , Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, Casa
da Cultura de Monforte de Lemos, Festas de San Roque de Pontevedra, Auditorio Municipal de Villalva (Madrid), Festival Internacional de Jazz “ Imaxina Sons “ de
Vigo....
Depois do éxito do segundo CD editado baixo o título de NENOS NOJAZZ, no que se recollen 19 arranxos de varios compositores en diversos estilos como jazz, rock, pop, clásico, tradicional, grabado en directo no Pazo da Cultura de Pontevedra o 14 de Abril de 2010, presentaran, en breve o terceiro traballo discográfico titulado SON XUNQUEIRA, gravado baixo a supervisión técnica da RTVG. O CD conten arranxos e composicións orixinais do compositor e saxofonista vasco-galego, IÑAKI ASKUNZE, natural de Campolameiro, e profesor do Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona.
Música en San Roque 3 de Agosto 2015 20:45h Praza dos Irmáns Pazó Montes
O barrio de San Roque únese ás Festas de verán de Pontevedra cunha programación propia asociada á música. Os veciños do que fora o arrabalde mariñeiro da cidade, coñecido como A Moureira, converten a praza dos Irmáns Pazó Montes nun auditorio o ar libre entre o 3 e o 7 de agosto.
A organización é da Asociación de Veciños de San Roque que aposta por unhas Xornadas Musicais para animar ao barrio e promover o sentimento de veciñanza e a relación inter xeracional. Para acadar estes obxectivos actuarán, nos días sucesivos e sempre a partires das 20.45 horas, as seguintes agrupacións: Orquestra do IES A Xunqueira I, Trío Nostalgias, Airiños da Peneda, Banda de Música de Pontevedra e Cantadores Tradicionales.
9 de Abríl 2015 20:30h Casa das Campás Pontevedra
Promove: Universidade de Vigo. Vicerreitoria do Campus de Pontevedra
Organiza: A Tempo
Nado en
Santiago de Compostela. Premio Fin de Carreira 2009 na especialidade de Canto-Jazz no Conservatorio Superior de Música de Navarra.
En 2006 grava
"Lost" (Errabal Jazz), o seu primeiro disco, xunto a Manuel Gutiérrez, Baldo Martínez, Chris Kase e Ramón Ángel Rey.
En 2007 grava "Pascala" (Free Code Jazz Records), con Manuel Gutiérrez, Marcelino Galán, Dani Domínguez e Xacobe Martínez.
Colaborou tamén en Proxecto Miño de Baldo Martínez, coa Orquesta de Jazz de Galicia no Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons” e coa Pirineos Jazz Orchestra.
Terela Gradín, voz
Manuel Gutierrez, piano
Luís Giménez, guitarra
Juan Cañada,
contrabaixo
12 de Febreiro 2015 20:30h Casa das Campás Pontevedra
Promove: Universidade de Vigo. Vicerreitoria do Campus de Pontevedra
Organiza: A Tempo
Tras 10 anos de vida musical, Lucía Martínez Cuarteto publica o seu segundo traballo discográfico “ De vento e de sal”. Lucía Martínez Cuarteto é un proxecto liderado pola viguesa Lucía Martínez (batería, percusión e composición), João Pedro Brandão (saxo alto e flauta travesera), Pedro Neves (piano) e Carl Minnemann (contrabaixo). O seu primeiro álbum “Soños e Delirios” foi publicado en 2009 polo selo Karonte/Nuba Records e contou coa participación da cantante portuguesa Maria João e o saxofonista español Perico Sambeat, sendo nomeado como Mellor disco de Jazz en os Premios da Música Independente en España. Lucía Martínez Cuarteto é un proxecto influenciado pola música folk de Galicia, a música clásica, o flamenco e a música do Mediterráneo, así como pola nova música de vangarda europea. O grupo estivo presente en festivales nacionais e internacionais e recibiu fabulosas críticas, que cualifican o proxecto como unha proposta interesante e sólida, aberta non só a escenarios de jazz senón tamén a outros círculos de música de cámara ou novas músicas.
O seu novo traballo discográfico “ De vento e de sal “ é unha travesía musical que solta amarras na exuberante Costa Pacífica colombiana, atravesa o mar Mediterráneo e atraca cargada de historias en Vigo, o seu destino, axuntada co toque requirido e a nota delicada de nostalxia e romanticismo. O álbum sae a a luz en 2014 editado por Karonte/Nuba Records, coa participación do cantautor cubano Pável Urquiza.