Ribeira Sacra Jazz Orquestra

Froito da colaboración dos músicos Iñaki Askunze (Pamplona) e Miguel Rodriguez (Monforte de Lemos) aparece no ano 2011 RIBEIRA SACRA JAZZ ORQUESTRA. Coa participación da Deputación Provincial de Lugo créase esta orquestra que nace coa intención de promocionar os elementos singulares da Ribeira Sacra( paisaxísticos, etnográficos, históricos) utilizando como vehículo a música jazz, camiñando en paralelo tradición e modernidade.

Iñaki Askunze e Miguel Rodríguez son dous músicos ligados á pedagogía músical e creación de orquestas de jazz. Iñaki é profesor no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e do Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate, director da Pirineos Jazz Orquestra. Miguel é profesor de música en Instituto de Ensino Secundario, director da orquesta de jazz Big Band Tejina de Santa Cruz de Tenerife (coa que participou en numerosos concertos organizados polos concellos de La Laguna, Puerto de La Cruz, Santa Cruz de Tenerife, etc… así como participa no 1º Festival de Jazz de La Laguna 1990),  e da orquesta de novos talentos Nenos No Jazz de Pontevedra coa que ten grabado 3 CD nos anos 2004, 2010 e 2015 e participado en numerosos concertos programados polos concellos de Pontevedra, Monforte de Lemos, Villalva-Madrid,  Festival Internacional de Jazz Imaxinasons de Vigo, Universidade de Vigo, etc…
Iñaki Askunze encárgase da composición e Miguel Rodríguez da dirección. Ao longo dos últimos anos establecemos unha rede de músicos colaboradores da orquestra e que teñen un gran recoñecemento nacional e internacional. Talentosos músicos nacionais como Polo Ortí, Joshua Edelman, Pepe Bao, Celia Mur, Charlie Moreno, Jerry González, Calixto Oviedo, Alberto Conde, Roberto Somoza, Dee Jay Foster, Jerry González e moitos máis, traballaron para facer realidade este proxecto. 

A iniciativa quere ir da man do sector vitícola, do denomiando enoturismo. Para iso, temos contactado cos responsables dos concellos da Ribeira Sacra e con bodegas da denominación de orixe.
Miguel Rodríguez, un dos seus principais impulsores, dispón do compromiso do músico Iñaki Askunce, de orixe galega e asentado no País Vasco, para realizar os arreglos e compoñer tema específico para a formación, o traballo de Askunce é o remate definitivo. Formado no Berklee College of Music de Boston, profesor no ámbito privado e público e director da Pirineos Jazz Orquesta, o artista soubo captar a esencia da Ribeira Sacra e facela soar. Os seus temas veñen do jazz pero ten aires de swing, funky, samba ou rock e respectan as particularidades de cada instrumento que intervén na súa presentación.

 

Ribeira Sacra Jazz Orquestra está composta por 13 músicos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contacto:

A Tempo

Tel. 659474352

atempo.org@gmail.com

  A Tempo Escola de Música

Praza A Castaña, nº 2- baixo

             Pontevedra

 986 84 41 04-652 40 39 40

   atempo.org@gmail.com

    

Centro subvencionado pola  Deputación de Pontevedra

Centro subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Contratación: 653366208

Naima Acuña
Nenos No Jazz
Alberto Conde
Tom Risco-Jacobo de Miguel
Escola de Música Municipal de A Coruña
St James Street Band